17/12/2021 – 11/02/2022

Este venres 17 de decembro comeza a «Exposición e Cartel de Cego do Romance de Don Pedro Bolaño» do artista Pedro Castro Couto en Monty4. A mostra continuará na galería (Rúa Montroig 4 baixo, 15001 A Coruña) ata o 11 de febreiro de 2022.

A inauguración terá lugar o venres 17 de decembro a partir das 20.00. Contaremos coa presencia do artista, que será presentado por José Manuel Díaz Castiñeira, e estrearase a música feita por Eloy Vázquez que se acompañará coa zanfona, e que conta con gravacións da Agrupación Albeniz e con Quintas Canella.
Para este acto seguiremos as normas y recomendacións da Xunta de Galicia para o Covid_19.

Horarios da galería: De luns a venres, 9:00 a 16:00. Para visitar a exposición en horario de tarde ou en sábado se pode concertar cita escribindo a info@monty4.com ou chamando ao 881 968 519.