23/07 – 30/09/2020

Ancoradoiro

Preséntase, baixo o título de Ancoradoiro, unha selección de pezas do traballo máis recente do artista plástico Víctor Rodríguez. Acrílico, collage, graffiti, lápis ou aguada intégranse abarcando recursos que van dende a tradición ata a máis recente mordernidade, en composicións abstractas de amplio sentido cromático dinamizadas  pola liña do debuxo. Os motivos, en pequeno e gran formato, varían o seu ángulo e punto de vista nun percorrido visual entre  cercano e lonxano, modulando o campo visual e a distancia á que nos sitúa. Atopámonos finalmente ante unha sorte de paisaxes feitizo, murmurio do mar do imaxinario concretizado en terra no ancoradoiro matérico da pintura. Teas e taboleiros transferidos de memoria, logo dunha viaxe catártica da que somos partícipes.

Para ver todas las obras de la expo haz click aquí