Fecha: Mércores 16 de marzo, 20.30.
Lugar: Monty Ambigú, Praza do Papagaio S/N, 15001 A Coruña.
Proxección: Carga de Dignidade. O filme. Acción-instalación realizada na reixa de Navantia, Ferrol no ano 2013.
Presenta: Pepe Galán.
Organiza: Monty4.Carga de Dignidade. O filme é un audiovisual de Xosé Bocixa que recolle a acción e construcción artística popular levada a cabo en Ferrol no ano 2013 polo colectivo de artistas e creadores Radio Buguina. Presentará o filme Pepe Galán, un dos creadores da acción-instalación, que nos axudará a debullar todas as claves do proxecto, a acción e a obra.Esta proxección forma parte das actividades programadas pola galería Monty4 dentro da exposición colectiva The Times They Are A -Changin’. Arte y compromiso (25 de febreiro – 1 de abril).