Correa Corredoira pertenece a esa categoría de artistas que Ernesto Sábato califica de grandes e insobornables, esos herederos del mito y de la magia; los que guardan en el cofre de su noche y de su imaginación aquella reserva básica del ser humano a través de estos siglos de bárbara enajenación que soportamos.
La piedra angular de su narración es la pura existencia: el nacimiento y la muerte, la salida y la puesta del sol, el sexo y el sueño. Historias que remiten a mitologías y leyendas, a un arraigo primitivo y telúrico en el que se leen los fluidos de la pasión y el deseo, fuera de cualquier afectación.
Son relatos que surgen de esa oscura región de los conflictos entre el cuerpo y el espíritu, el amor y el odio, la contemplación y la acción, la pasión y la razón…
Jesús Montero
Correa Corredoira (A Coruña, 1952) é un artista total. Seducido pola poesía e a escultura, e totalmente entregado á pintura, a creatividade é intrínseca á súa forma de ser. A través do seu entusiasmo, do seu amor polas artes, e, por riba de todo, das súas obras cheas de sensualidade, de forza, de dor, de vida, de BELEZA, Correa ten a rara capacidade de devolvernos a fe no ser humano.
Iniciouse no mundo da arte nos anos setenta, cando fundou xunto a Xaime Cabanas e Mon Vasco, La Galga, colectivo artístico de alma crítica e comprometida, a través do cal quixeron transformar a arte daquel momento. Artista (nas súas propias palabras) «todoterreno», Correa experimentou dende o principio da súa carreira con diversas disciplinas artísticas: escultura, pintura mural e de cabalete, acuarela, collage, gravado, e tamén cerámica, disciplina que coñece no Centro de Estudos Cerámicos de Sargadelos no ano 1975.
A súa viaxe a México en 1979, cunha bolsa do Ministerio de Cultura para estudar en profundidade a técnica do gravado, supón un antes e un despois na súa forma de entender a arte, que asume a partir dese momento como unha constante vital. A luz e a cor do trópico, a mitoloxía, a arquitectura e os rituais precolombinos producen un forte impacto nel, influenciando toda a súa obra posterior.
Na década dos oitenta, época na que está moi influenciado polo expresionismo abstracto, continúa sendo un membro activo dos movementos da vangarda galega, formando parte do colectivo Atlántica, co que participou nas xa célebres mostras de Baiona, Madrid, Salvaterra de Miño e Compostela. Nesta década de actividade frenética constitúe, xunto a outros artistas coruñeses o emblemático GrupOrzán, fundamentado na vontade democratizadora do mercado artístico. Con este colectivo participa na edición de ARCO87, feira de arte na que tamén participará en anos sucesivos coa galería Trinta de Compostela.
Dende a década dos noventa muda o seu taller a Vilar de Locrendes, que alterna co seu outro taller en Naveros (Cádiz). Este cambio de ambiente inflúe na súa temática, anteriormente máis centrada na figura humana, pasará agora a representar máis a miúdo a natureza a través de paisaxes, sobre todo de mariñas, que compón cunha plasticidade que se comprace no sensorial.
Nesta exposición, e seguindo a pegada da súa excelente retrospectiva «Os días Pintados» na Fundación Luis Seoane, quixemos facer unha pequena antolóxica, en rexistro íntimo e de carácter doméstico, que complemente dalgunha maneira á institucional. O que buscamos é a proximidade entre a obra e o público no espazo da nosa galería.
Nas distancias curtas componse de obras dende principios da década dos 80 ata o ano 2016. Dende as súas primeiras pezas, de gran forza expresionista e nas que prevalece un estilo abstracto e simbólico moi marcado, a obras de carácter máis figurativo nas que predomina o seu interese polo corpo humano. Pezas posteriores nas que se comprace na beleza da paisaxe e que transmiten a paz e o contento do seu amor pola pintura sen máis, e tamén obras con certo carácter literario que nos abraian coa súa capacidade para evocar historias na nosa imaxinación. Quixemos tamén mostrar a variedade de formatos e técnicas (collage, acuarela e óleo) que Correa utilizou durante toda a súa carreira, mostrando a súa capacidade creativa que non coñece límites nin restricións.
O máis interesante desta mostra é que o estilo persoal de Correa Corredoira emerxe de entre esta mestura de técnicas, formatos, temáticas e cronoloxías. O que podería ser caos convértese en harmonía, e somos capaces de recoñecer o entusiasmo do artista en todas as súas obras.
Cristina Oliveira
Obra
*Obras catalogadas en BARRO, D., MANEIRO M., MONTERO GARCÍA, C. (Coords.): Correa Corredoira. Os días pintados. Catálogo de exposición. Fundación Luis Seoane.
Piñeiral* (1998)
Óleo sobre tea
32×25.5cm (dimensións obra enmarcada)
Córpore (1984)
Mixta sobre táboa
34x34cm (dimensións obra enmarcada)
Mariña negra* (2000)
Óleo sobre tea
43x44cm (dimensións obra enmarcada)
A nena depílase* (1999)
Óleo sobre tea
42x33cm (dimensións obra enmarcada)
Minerva (2002)
Mixta sobre papel
39x47cm (dimensións obra enmarcada)
Tres arpías (2016)
Mixta sobre papel
42.5x56cm (dimensións obra enmarcada)
Canciño (2016)
Mixta sobre papel
30×41.5cm (dimensións obra enmarcada)
Tanger (2006)
Mixta sobre papel
40×48.5cm (dimensións obra enmarcada)
Pao deitado (1998)
Óleo sobre táboa
38x65cm (dimensións obra enmarcada)
Lagoa de Pan (2016)
Óleo sobre tea
55x48cm (dimensións obra enmarcada)
Cubicando (2016)
Mixta sobre papel
36x36cm (dimensións obra enmarcada)
Mar do Chucho (2003)
Óleo sobre tea
69.5×35.5cm (dimensións obra enmarcada)
Flor (2016)
Mixta sobre papel
38x38cm (dimensións obra enmarcada)
Paos ao norte (1998)
Óleo sobre táboa
19×34.5cm (dimensións obra enmarcada)
Tras a guerra (2016)
Mixta sobre papel
28x48cm (dimensións obra enmarcada)
Ría Roe* (1996)
Óleo sobre tea
25x33cm (dimensións obra enmarcada)
Naipes en Naveros (2014)
Mixta sobre papel
43x52cm (dimensións obra enmarcada)
Autorretrato* (1993)
Óleo sobre tea
35.5×35.5cm (dimensións obra enmarcada)
Perfil (2014)
Mixta sobre papel
34x30cm (dimensións obra enmarcada)
A lonxa coruñesa (2016)
Acuarela e collage sobre papel
75x95cm (dimensións obra enmarcada)
Raíña do frío (2016)
Mixta sobre papel
42.5x56cm (dimensións obra enmarcada)
Pegadas (2016)
Mixta sobre papel
32x69cm (dimensións obra enmarcada)
Pegadas tres (2016)
Mixta sobre papel
32x42cm (dimensións obra enmarcada)
Faro Vilano (2016)
Acuarela sobre papel
75x95cm (dimensións obra enmarcada)
Faro de Roncudo (2016)
Acuarela sobre papel
75x95cm (dimensións obra enmarcada)
Cristo das mareas (2016)
Mixta sobre papel
75x95cm (dimensións obra enmarcada)
Colombina (2016)
Mixta sobre papel
39×52.5cm (dimensións obra enmarcada)
Mezquita Epta* (1991)
Óleo sobre tea
38x46cm (dimensións obra enmarcada)
Sombras a espir (2004)
Acuarela e tinta sobre papel
40x53cm (dimensións obra enmarcada)
Mar de Lodeiro (2010)
Mixta sobre papel
43.5x57cm (dimensións obra enmarcada)
Torre de Hércules (2014)
Bolígrafo e collage sobre papel
44x52cm (dimensións obra enmarcada)
Naplio (1990)
Acuarela sobre papel
39×48.5cm (dimensións obra enmarcada)
Republicana (2016)
Mixta sobre papel
31x31cm (dimensións obra enmarcada)
Os rosáceos dedos (2016)
Mixta sobre papel
32x32cm (dimensións obra enmarcada)